Cursos

Programación de videoxogos.

O obxectivo dos cursos é introducir o alumnado (nen@s e adolescentes) na programación de videoxogos.

 

Nen@s.  O alumnado aprende a programar videoxogos empregando a linguaxe de programación visual construct2. Este software permíteche crear videoxogos para o Sistema Windows e para a Web.

 

Adolescentes e adultos. O alumnado emprega A linguaxe de programación C/C++ e Raylib. Este Software permite programar jogos para Windows e Linux.

 

Robótica educativa.

O obxectivo dos cursos é introducir o alumnado (nenos e adolescentes) na construción e programación de robots autónomos.

 

Nen@s. O alumnado emprega kits de robótica Lego Mindstorms EV3, que lles permiten construír diferentes tipos de robots con diversos sensores e mecánicas.

 

Adolescentes e adultos. O alumnado emprega kits robóticos baseados en placas Arduino. Prográmanse co software propietario da empresa baseado na linguaxe de programación C/C++.

Dronica educativa.

O obxectivo dos cursos é introducir o alumnado (adolescentes e adultos) na construción e programación de drons autónomos e operados remotamente.

Os estudantes usan kits electrónicos baseados nas placas Arduino para controlar o dron. Para programalo, utilízase o software propio da empresa, baseado na linguaxe de programación C/C++. Durante o curso tamén se ensinan conceptos básicos de aeronáutica e control de voo de drons de catro motores.

 

Hacking ético.

O obxectivo dos cursos é introducir o alumnado (adolescentes e adultos) na administración e programación de sistemas co obxectivo de poder probar a seguridade das redes e sistemas informáticos.

O alumnado emprega o sistema operativo Linux (distribución Kali) e software de control para monitorizar redes, ordenadores, etc. Tamén aprende técnicas de piratería informática ética para extraer información pública de Internet e así mellorar a seguridade dos sistemas que auditan.

 — Lista de Cursos e obradoiros —

   

Cursos (8 horas).

Nen@s.
-Programación de videoxogos con Construt2 (maiores de 12 anos)
-Construíndo e programando robots con Lego Mindstorm (a partir de 9 anos)

Adolescentes e adultos.
-Programación de videoxogos con Construt2.
-Programación de videoxogos con C/C++ e Raylib.
-Construción e programación de robots autónomos con Arduino e C/C++.
-Introdución ao hacking ético, empregando Kali Linux, la districión de la serie Mr Robot
-Construción e programación de drons teleoperados con Arduino e C/C++.

 

Obradoiros (3 horas).

Nen@s.
-Introdución á electrónica. Creación de circuitos básicos orientados á robótica.
– Introdución á robótica con Lego Mindstorm.

Adolescentes e adultos.
-Qué é Construct2 ? Programa teu primeiro videogame.
-Introdución á programación en C/C++.
-Que é Raylib? Programa teu primeiro videoxogo.
Introdución á robótica con arduino.
Robótica avanzada. Comunicacións entre robots. Sistemas multirrobot.
Hacking ético. Instala Linux e monitoriza dende o teu móvil como en Mr. Robot.