Robótica-Mindstorms

Robótica para nen@s con Lego Mindstorms

Empréganse kits de robótica educativa Lego Mindstorms EV3, cos cuais é posivel construír diferentes tipos de robots con diferentes sensores e mecánicas, como rodas, patas, cadeas, etc.

Habilidades que a robótica desenvolve:

  • Imaxinación e creatividade
  • Estratexia e pensamento lóxico-matemático
  • Concentración e memorización
  • Destreza manual e coordinación espacial
  • Autonomía e traballo en equipo

Durante o curso, o alumnado desenvolverá robots cada vez máis complexos. Comezarán construíndo robots sinxelos que simplemente se moven na dirección indicada ata que finalmente poidan construír robots autónomos capaces de interactuar co contorno a través dos seus sensores.

Robot tipo androide
robot tipo zoomorfico