Programación de videoxogos en Construct 2

O obxectivo dos cursos é introducir o alumnado (nen@s e adolescentes) na programación de videoxogos.
O alumnado aprenderá a programar videoxogos empregando a linguaxe de programación visual construct2. Comezando desde cero, crearán videoxogos completos, incluíndo fondos, escenarios, personaxes, etc.
Este software permíteche crear videoxogos para o Sistema Windows e para a Web.
Habilidades que desenvolve a programación:
-Autonomía e traballo en equipo
-Imaginación e creatividade
-Estrategia e pensamento lóxico-matemático
-Concentración e memorización
-Destreza visual e coordenación espacial
Durante o curso o alumnado desenvolverá xogos cada vez máis complexos.
