Drones

O  alumnado aprenderá a construir e programar drons teleoperados.

Construción dun dron cuadricóptero con Arduino
  Os asistentes ao curso adquirirán coñecementos de: aeronáutica, electrónica, mecánica e programación. A finalidade do curso é introducir o alumnado na construción de drons teleoperados. O seu obxectivo é aprender dun xeito sinxelo o funcionamento dun dron. Durante o curso construirase un dron cuadripode para acadar este obxectivo dun xeito práctico. Empregarase tecnoloxía baseada en Arduino e unha linguaxe de programación C/C++.